17 nov 2012

Vaamonde, Lamas & Romero en Ames


CONCERTO DE

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO,
O Tambor de Prata

Venres 23 de novembro de 2012 ás 21h
Casa da Cultura de Bertamiráns, Ames, A Coruña
Ciclo: Rede Galega de Teatros e Auditorios
Organiza: AGADIC - Concello de Ames
Entradas: 981 53 59 40 / cultura.milladoiro@concellodeames.org


Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos 
sen os que a música galega actual non se podería entender. 

Estes tres artistas únense agora para ofrecer unha visión da música popular persoal e innovadora.
 
Nos seus concertos ofrecen un repertorio fresco e desprexuizado, 
aderezado cunha boa dose de humor e campechanería.

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica acompañada de novo disco: 
O Tambor de Prata. Un repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación de Galicia: Os Trintas de Trives.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, 
ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou 
hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, 
anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. 

Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

No hay comentarios:

Publicar un comentario