17/05/2013

Sorteo dunha entrada doble para Davide Salvado no Teatro Colón


Martes 28 de Maio do 2013
20:30 horas
DAVIDE SALVADO é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura e o respeito pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música. 
Tras dous anos xirando có seu espectáculo "Árnica Pura", producido por Eiseo Parra, Davide presenta agora “O LADRÓN DE AMORODOS”. 


Colaboracións de luxo, como a de Mercedes Peón, enchen aínda máis de forza este novo álbum, no que o concepto estético cumpre un importante papel. “O ladrón de amorodos”, inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, é ao mesmo tempo un disco cento por cento galego, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo. Un traballo feito desde o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 24 de Febreiro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Davide Salvado" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!

Por xentileza do Teatro Colón

13/05/2013

Sorteo de cinco entradas dobles para a Gala XII Premios Opinión de música folk

  24 de Maio do 2013
Teatro Rosalía de Castro

Sorteamos, grazas a La Opinión, cinco entradas dobles para a Gala dos XII Premios Opinión de música folk, que este ano ten un gran toque tradicional.

Estes son os finalistas, entre os cales se coñecerán os gañadores esa noite:


Entre as entregas, actuarán os seguintes artistas
- Pandereteiras "Taravela" da A.X. Xiradela.
- Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Arrolos de Salitre) con Alba Gutiérrez, Diego Calviño e Carlos Alvarez.
- Agrupación Instrumental da Escola Municipal de Folclore de Betanzos
- Dhais.


Queres optar a unha? Moi sinxelo, manda un correo electrónico a folkintrio@gmail.com co teu nome completo e o teu teléfono antes do 17 de Maio ás 16:45 horas e no programa do propio día 17 diremos se son túas.
Moita sorte!

07/05/2013

Sorteo dun disco de POP - Fernando Barroso & Luís Peixoto


Envía un correo a folkintrio@gmail.com indicando no asunto "Sorteo POP" e deixándonos o teu nome e número de teléfono para avisarte se eres un dos agraciados.
Tendes de prazo ata o venres 10 de Maio ás 16:45 horas.
Todos a enviar correos para recibir estes agasallos moita sorte, apertas!

25/04/2013

IV "O berce de Donaire"

No ano 2010 celebramos o noso décimo aniversario e organizamos actividades para festexalo. A primeira foi a creación do festival infantil "O Berce de Donaire", unha idea que nace pola inquedanza da A.C. Donaire de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano e merecen ter tamén o seu protagonismo.

Logo de tres edicións consolidando o espazo, cas entradas esgotadas antes do propio evento en todas as edicións, presentamos a cuarta edición, o sábado 4 de Maio ás 17:30 horas no Auditorio do Fórum Metropolitano, onde actuarán:


- A.C. Donaire. Os Castros, A Coruña.- A.C.F. Tarambainas. Lavadores, Vigo.- A.C. Rosalía de Castro. Cacheiras, Teo.


As entradas están á venda nas seguintes canles:
- http://www.servinova.com/
- Billeteira da Praza de Ourense (de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas).
- Na billeteira do Fórum o propio día do festival, se quedasen.


A Asociación Cultural Donaire recomenda, visto o éxito das anteriores edicións, mercar a entrada o antes posible para evitar quedar sen ela.

22/04/2013

Galicia xa ten finalistas para o Trofeo Mac Crimmon 2013

O auditorio da Ramallosa foi o escenario elexido para a celebración do certame con finalidade de elexir ós catro representantes galegos no prestixioso Trofeo Mac Crimmon do Festival Interceltique de Lorient o vindeiro 3 de Agosto.

A partir das cinco da tarde, a multitude de asistentes puideron asistir a este certame, que nace coa finalidade de escoller ós catro gaiteiros que particirán neste recoñecido concurso que teñen gañado pola banda galega gaiteiros da talla de Carlos Núñez, Iván Costa, Edelmiro Fernández (en catro ocasións, sendo así o máximo galardoado), Daniel Bellón, Pablo Devigo, Alberto Coya, Pedro Álvarez e, este pasado ano, Raúl Lacilla.

Logo da actuación dos distintos finalistas, que tiveron que interpretar pezas asturianas e bretonas obligatorias, a Jota de Remis e Gavotte ar Menez respectivamente. Logo a parte galega era libre, iso si, non podía sobrepasar os cinco minutos a súa interpretación dela. A tarefa non era sinxela para o xurado, conformado por tres dos gañadores do certame, Daniel Bellón, Alberto Coya e Edelmiro Fernández.

Mentres o xurado deliberaba, actuou a banda que estará presente no festival deste ano, concretamente a Banda de Gaitas de Forcarei, que ademáis encandilou ós asistentes ca súa historia, xa que os directores da banda son os mestres do colexio de moitos dos rapaces que a compoñen, logrando así un clima fantástico que ben se nota na posta en escea.


Chegou o momento clave, e o xurado acordou que o cuarto 4º posto recaía sobre Lois Prado, e recibiu o trofeo de mans de Ignacio Ramos, o anterior delegado galego do Festival de Lorient. O 3º foi parar a Ismael García, entregado por José Manuel Salvado, dono do obradoiro Sanín, que doóu os trofeos. O 2º foi entregado por Pablo Seoane, actual delegado galego, a Jesús Sánchez, que será o único gaiteiro que non debute no concurso, logrando un meritorio segundo posto hai dous anos. O 1º clasificado foi Jesús Rodríguez, que recolleu o seu premio de mans da concelleira de Cultura de Teo, Carme Hermida.


Fotografías de Animaxes AV.

IX FOLIADA DE MELIDE