19 nov. 2012

Maghúa na Casa das Crechas e Madrid



Mañá martes día 20 de novembro ás 22:30h, estarán na compostelá Casa das Crechas facendo chegar á capital o son do seu Corricán, pero non rematan as datas para eles non, seguide lendo.

O venres 23 de Novembro poderedes velos da TVG, no programa Luar a partir das dez da noite.

O vindeiro dia 24 de novembro ás 22:00h poderedes disfrutar do concerto acústico, na Posada Del Diablo de Alcalá de Henares (Av. De Madrid 2), un recuncho emblemático desta cidade.
Ademáis, antes do concerto, presentarase a Asociación Cultural Xirandela, que fará unha labor magnífica a prol da nosa cultura, e que xa teñen unha chea de cousas en mente.

E o dia 25 de novembro as 12:00h, presentarán e asinarán o redondo na Tenda Galega Aturuxo (c/ Vallehermoso 104, Madrid; metro Islas Filipinas ou Canal) unha das poucas tendas de Madrid especializadas na literatura e artesania da nosa terra

2 comentarios: