16 nov 2012

Anxo Lorenzo prepara disco para o 2013


O vindeiro 17 de Novembro o gaiteiro viaxa de novo a Bélxica para participar na Celtic Night en Adelberg


Xa se está a cociñar o que será o segundo traballo discográfico en solitario de Anxo Lorenzo. Un disco que continúa polo sendeiro da música instrumental acústica e con fortes influencias atlánticas. Acompañado pola súa banda habitual, o gaiteiro de Moaña confía no mesmo produtor de “Tirán”, o seu anterior disco, para levar a cabo esta tarefa. Pedro González é xa un vello coñecido que o acompaña dende a súa etapa en Spiritu 986, así como en colaboracións anteriores con outras bandas. Antes de que remate o mes de novembro poderemos escoitar un adianto do novo álbume.
Namentres, Anxo Lorenzo viaxa o vindeiro 17 de Novembro a Adelberg, localidade Belga que cada ano celebra por estas datas a Celtic Night, cun cartel internacional no que Anxo estará acompañado polos grupos Caladh Nua (Irlanda) y Dàimh (Escocia).

No hay comentarios:

Publicar un comentario