19 nov 2012

Música e humor galego na programación do Colón para decembro

Coro da Rá
Sábado 1 de Decembro ás 21:30 h.

 O coro residente da Escola Estudio de Santiago, con máis de 19 anos de vida e dirixida por Ramón Bermejo, amosarán  ó público as súas versións a capella de grandes clásicos de diversos estilos.
Veñen a presentar "Non nos importa a fama", un espectáculo onde se pode escoitar Queen, Frank Zappa ou Earth cunha coidada posta en escea.

NOITES GALEGAS
Carlos Ares
Martes 11 de Decembro ás 20:30 h.

Carlos compón, toca o piano, a guitarra... e o que canta é seu. Quizáis pode haber máis xente que o faga, pero... con 15 anos? Así é, este talento coruñés estará acompañado de Fernando Fraga (baixo), Christian Delgado (batería) e Alan Ponte (guitarra) e contarán cunhas grandes colaboradoras como Carmen Rey e Ángeles Dorrio. Non lle perdades a pista a este rapaz!

NOITES GALEGAS
Tonhito de Poi 
presenta "O soro da verdade"
Martes 18 de Decembro ás 20:30 horas 

Nin máis nin menos que ó Amazonas tivo que marchar Tonhito para atoparse coa verdade logo de que a súa avóa lle dixese que coa mentira pode chegar a algún sitio, pero nunca volver del. Alí estivo co chamán Ramón Peregrino, que o acompañará neste concerto tan especial onde presentará o disco gravado a cabalo entre a Amazonia e Galicia, e que ademáis adxuntará o diario que escriviu durante a viaxe, e tamén unha pista de vídeo. Seguro que nos sorprende, unha vez máis.

CoraSóns
Xoves 20 de Decembro ás 20:30 h.

A idea nace de "Quen ve coraçoes" unha páxina na que Isabel Valentim (fotógrafa portuguesa) publicaba textos acompañados dunha fotografía, ou ó reves? O caso é que aparecían corazóns polo mundo adiante, nunha porta, na area, no xeo... Uxía propúxolle facer unha exposición na Casa das Crechas, e na inauguración, máis de 20 persoas acompañaron coa súa música o talento de Isabel, e foi como naceu este proxecto.

Berrogüetto
Xira de Andar por casa
Sábado 22 de Decembro ás 20:30 h.
Por primeira vez, temos a oportunidade de ver unha selección dos grandes temas do grupo en versión semiacústica. Unha xira polos principais teatros galegos que se estrea na Coruña, deixando claro que ese día, a sorte xa agraciou á cidade. Optimismo, frescura, intimidade... unhas sensacións que transporten ó espectador ó salón da súa casa.

O resto da programación é a seguinte:

Teatro - Si supiese cantar, me salvaría - Domingo 2 de Decembro ás 20:30h.
Comedia - Los Morancos - Sábado 8 de Decembro ás 20:30h.
Familiar - Blancanieves, el musical - Domingo 9 de Decembro ás 18:00h.
Música - Concerto de Nadal do Liceo La Paz - Xoves 13 de Decembro ás 20:30h.
Musical - New Orleans Gospel Chorale - Venres 14 de Decembro ás 20:30h.
Comedia - Más mellizos que nunca - Sábado 15 de Decembro ás 19:00 e 22:00h.
Teatro - 75 puñaladas, un suicidio sospeitoso - Venres 21 de Decembro ás 20:30h.
Comedia - Manquiña, monólogos inocentes - Venres 28 de Decembro ás 20:30h.
Comedia - David Perdomo, Misscelánea - Sábado 29 de Decembro ás 20:30h.

Atopa toda a información en www.teatrocolon.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario