20 nov. 2012

Sorteo dunha entrada doble para o Coro da Rá no Teatro Colón


Coro da Rá
Sábado 1 de Decembro ás 20:30 horas
Teatro Colón - A Coruña





O Coro da Rá é unha formación vocal que xa ten 19 anos de historia, e é o coro residente da Escola Estudio de Santiago. Durante todo este tempo ofreceu as súas versións a cappella de famosos temas da historia do soul, do rock, do pop, do jazz ou da música brasileira. Fixo multitude de aparicións en televisión, actuou en grandes teatros, e tamén nas rúas de toda Galiciafacendo flash mobs e loucuras de todo tipo. 
Participou en spots publicitarios, e gravou un cd: Fráxil. Agora presenta o seu novo espectáculo titulado Non nos importa a fama!, Estreado no Salón teatro de Santiago, no que se ofrece un renovado repertorio de cancións que van desde o swing de Count Basie ata temas de Quuen, Frank Zappa ou Earth, Wind and Fire, cunha coidada posta en escena e un plantel de excelentes solistas. O espectáculo, cunha duración aproximada de 1 hora, está deseñado para, a través da múscia, alegrar os corazóns e loitar contra a desesperanza reinante. 
O Coro da Ra conta con 50 compoñentes e está dirixido por Ramón Bermejo.

QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 30 de Novembro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Coro da Rá" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!



Por xentileza do Teatro Colón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario