19 nov 2012

Chega "As arpas de Breogán", de Rodrigo Romaní



Rodrigo Romaní é un músico ben coñecido do publico galego e español, nomeadamente dos máis afeccionados ás músicas de raiz, a traes do seu traballo como membro fundador de Milladoiro, con quen percorreu o mundo durante máis de vinte anos, promovendo o uso da arpa céltica na música galega, e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila internacional. Nomes como Bill Whelan (Riverdance), Liam O'Flynn ou rquestras como a English Chamber, a RTE Orquestra ou a Sinfónica de Galicia, teñen solicitado a colaboración de Rodrigo Romaní como solista de arpa céltica para diferentes traballos. Rodrigo Romaní é ademais productor das primeiras obras de artistas como Susana Seivane ou Treixadura, compositor premiado con un Goya, unMaría Casares e outros galardóns, educador fundador da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo onde imparte os cursos superiores de arpa, director da primeira orquestra folk de España, Sondeseu, e divulgador das musicas do mundo a traves dso programas da Radio Galega Música. Gravou unha ducia de discos conMilladoiro, e participou noutra formacións como Lizgairo, obtendo diferentes premios e distincións polas úas gravacións en todo o mundo. Como solista ten realizado tres traballos discográficos: Albeida (2001), Cantos Caucanos (2003) e As Arpas de Breogán (2012)




No hay comentarios:

Publicar un comentario