1 oct 2012

TIRULEQUE nas FESTAS DE SAN FROILÁN 2012 (Lugo)


VENRES 5 DE OUTUBRO, ás 0:30h. na Praza de Campo Castelo (Lugo), dentro da programación das FESTAS DE SAN FROILÁN 2012

Festival "Zumbanocoiro", organizado pola asociación Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro. Actuarán tamén tres grupos: A Volta do Agro, Lagharteiras e Tiruleque.

O grupo da Volta do Agro interpretará un repertorio composto fundamentalmente por pezas tradicionais recollidas en distintos lugares provincia de Lugo. Será un espectáculo de música, baile e canto tradicional. A continuación actuará Lagharteiras, un grupo de pandereteiras de distintos puntos da xeografía galega e que é neste momento un dos mellores grupos de canto tradicional. Finalmente, pechará o festival o grupo Tiruleque, que tocan pezas da tradición galega cun aire máis moderno.

Atoparás toda a información en www.sanfroilan.info

No hay comentarios:

Publicar un comentario