2 oct. 2012

POP, novo proxecto de Luis Peixoto e Fernando Barroso


O lanzamento do disco será en decembro, nunha primeira e exclusiva edición para mecenas. A campaña de financiamento comezará o 1 de outubro.


O portugués Luis Peixoto (Coimbra) e o galego Fernando Barroso (Ferrol) volven a traballar xuntos na creación deste proxecto, que sairá á luz gracias á colaboración de mecenas que queiran financialo, e así obter un exemplar adicado polos artistas ou incluso disfrutar en directo dun concerto privado. A
peculiaridade de ‘Pop’ é que non será distribuido de manera convencional.

Estará ao alcance de aqueles padriños que desexen formar parte da campaña de financiamento. Posteriormente só estará dispoñible nas plataformas dixitais ou ben mediante compra directa aos artistas.

Peixoto e Barroso, gañadores dun Premio Opinión co disco Assembly Point (2011), xunto ao irlandés Eoghan Neff, conforman tamén unha parte importante do panorama folk actual, con agrupacións como Os Cempés, AnxoLorenzo Band, Riobó ou Sebastião Antunez & Quadrilha.
Estes prolíficos músicos elixen a coñecida plataforma Verkami para dar soporte ao seu novo traballo discográfico.



Ligazón para colaborar: http://www.verkami.com/projects/3267-pop-nuevo-trabajo-discografico-de-fernando-barroso-y-luis-peixoto

No hay comentarios:

Publicar un comentario