28 sept 2012

Luar Na Lubre presenta en A Coruña seu Mar Maior


O sábado 20 de outubro, ás 20:30h, Luar Na Lubre presenta ao vivo o seu novo album "Mar Maior" no Teatro Colón de A Coruña.


É un dos concertos máis importantes dunha xira na que a emblemática banda,  que acaba de cumprir 25 anos sobre os escenarios, presenta ao vivo o seu novo traballo "Mar Maior", un disco cun forte protagonismo da música medieval, especialmente a galaico-portuguesa xunto as músicas tradicionais de Galicia, atlánticas e tamén composicións propias. O venres 19 de outubro, no mesmo Teatro Colón Luar Na Lubre dará unha rolda de prensa na que falará do concerto e do seu novo album.

O concerto do 20 de outubro enmárcase na xira de presentación de "Mar Maior" que pasará próximamente por:

20 de outubro - Teatro Colón - A Coruña.
31 de outubro - Gran Teatro / Festival Medieval - Eltxe.
02 de novembro - Teatro Principal - Palencia.
03 de novembro - Gran Teatro /Festival Irish Fleed - Cáceres.
14 de decembro - Auditorio Gustavo Freire - Lugo.
16 de decembro - Teatro Principal - Ourense.
20 de xaneiro - Auditorio de Barañain - Navarra

No hay comentarios:

Publicar un comentario