20 sept. 2012

PUNTA TACÓN! Novo concurso de baile tradicional no Luar da TVG.



Dinámica do concurso. "Punta Tacón".



A ritmo de Muiñeira.

30 segundos. A parella “A” fai unha coreografía con dous pasos de muiñeira.

30 segundos. A "Animación" repite a coreografía da parella “A”.

30 segundos. A parella “B” intenta repetir xunto a parella "A" a coreografía da parella “A”.



30 segundos. A parella “B” saca coreografía de muñeira.

30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “B”.

30 segundos. A parella “A” intenta repetir xunto a parella "B" a coreografía da parella “B”.


A ritmo de jota.

30 segundos. A parella “A” fai coreografía de jota.

30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “A”.

30 segundos. A parella “B” intenta repetir xunto a parella "A" a coreografía da parella “A”.



30 segundos. A parella “B” fai coreografía de jota.

30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “B”.

30 segundos. A parella “A” intenta repetir xunto a parella "B" a coreografía da parella “B”.



O concurso terá un formato de “liguilla” entre as parellas concursantes.

Cada parella concursante terá que facer varias intervencións en diferentes días, posiblemente 1 intervención cada 6 semanas durante a duración do concurso.

Cada concursante recibirá unha puntuación de parte do xurado.


O xurado estará composto por tres expertos do mundo do folclore. Montse Rivera, Javier Feijoo”Chisco”, Henrique Peón.


Os concursantes recibirán en concepto de colaboración 50 € cada un, máis os gastos de desprazamento.


O concurso terá un primeiro premio de 4000€ en metálico e un segundo premio de 2000€ en metálico.(suxeitos ás correspondente retencións de IRPF).


Poden presentarse parellas home/muller, Muller/muller, home/home, que cumpriran 16 anos.


Aclaración: A “Animación” se trata duns monecos que repiten a coreografía que fixo a parella concursante. Para iso, as parellas concursantes terán que facer a “captura de movemento” das coreografías.

Para facer a “captura de movemento” deberán preparar unha coreografía de cada estilo, muñeira e jota, e ir un día a grabar a un estudio de animación.

Previamente se lles proporcionará a música para crear as coreografías.

A coreografía deberá ter dous puntos (o punto deberá de repetirse ca outra perna, executándoo polo menos dúas veces), despois a composición é “libre”.

O día da grabación os gastos dos desprazamentos das parellas corren por conta do programa Luar.

O día da grabación pagaráselles a cada un dos compoñentes da parella 25€ en concepto de colaboración pola grabación.

Para participar: manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a luar@crtvg.es ou chama ao teléfono 981540636 ou podedes facelo tamén a este correo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario