11 ago 2012

Potentes concertos no Espace Marine fan as delicias do público

Ten o Festival Interceltique de Lorient unha cousa, é que cando quedan tres días xa se nota o ambiente de que hai que aproveitar o que queda, porque vai rematar.

Visitamos no Hotel Gabriel a exposición Euro Celtic Art, un dos recunchos menos coñecidos do festival pero que ten unha gran importancia e interese. Alí amósanse obras de artistas dos países celtas, e por exemplo, a imaxe que acompaña estas liñas é do galego Daniel Remeseiro.

O pazo de Congresos volveu a encherse pola noite, xa que se ben a noite anterior era con Xosé Manuel Budiño, onte Kepa Junkera voóu só. Tamén daba concerto Jamie Smith & Mabon, unha das maiores revelacións do festival, que xa estivo no Festival de Ortigueira hai un mes.

Pero o verdadeiro evento da noite tiña lugar no Espace Marine. Se vos dicimos tres nomes seguro que vos soan, McGoldrick, McCusker e Jonh Doyle. Este trio foi o encargado de que o público máis "irish" desfrutase de comezo a fin cuns virtuosos da música que recalaron en Lorient.


Logo chegou a Treacherous Orchestra, que descargaron a súa dose de adrenalina nese escenario, e o mellor, contaxiaron ó público dela. Moi recomendable ver un concerto deles, se ben se pode botar en falta unha sección de metais que fixera unha conxunción perfecta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario