Galicia, Bretaña, Cornouailles, Escocia, Illa de Man, Asturias...todos estes países celtas tiñan unha cita no Espace Marine logo do xantar. E vaia sobremesa! Tivemos a oportunidade de asistir a un evento multicultural, onde se amosou a música e baile máis tradicional de puntos opostos pero cun nexo común, o folclore.Podemos destacar aos compoñentes de Ny Fennee, da Illa de Man, que ademáis de ser uns compañeiros de edificio fantásticos, nos deixaron boquiabertos coa súa actuación.
Tamén cabe resaltar que unha vez máis As Beiras do Ulla, como todos os grupos galegos que teñen pasado por alí, desataron os aplausos do público, nunha mostra de que o folclore galego é dos máis valorados que existen.

No hay comentarios:
Publicar un comentario