10 ago 2012

A noite do Jai Galai

 Podemos resumir así o día, xa que foi dos máis relaxados do festival, deixando aparte as actividades habituais.

Comezou a noite Xosé Manuel Budiño cos seus músicos, e ó ritmo das cancións incluidas no seu recopilatorio en directo "Volta", o público que sorprendentemente non asistiu en masa ó Espace Marine, de feito foi un dos concertos con menos afluencia ata agora, comezaba a dar palmas.

Logo entrou Kepa Junkera coa súa banda tamén, e alí vivíronse grandes momento que quedarán para sempre. Como é habitual nel,  colaboraron Raquel e Serxio de O Fiadeiro como podemos ver nunha das imaxes, e con toda a xente no escenario, o espectáculo chegou a un punto apoteósico.


A festa contaxiouse enseguida, xa que os grupos galegos non o dubidaron e fixeron unha boa festa na pulpeira e no pavillón de Turgalicia, que de novo se vía rodeado por multitude de curiosos que tamén danzaban aos sons galegos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario