8 ago 2012

Seis espectáculos simultáneos enchen Lorient de música, baile e xente


Non houbo nin un só oco do festival sen música na noite do martes día 7, e o 60º aniversario de Lann Bihoué foi a gran estrela. 


A tarde comezou co concurso máis estrafalario do festival, o Kitchen Music Lancelot, onde os gaiteiros procedentes de tódolos lugares do mundo teñen que facer desfrutar ó público, tocando pezas divertidas, de películas, series... e cun atuendo para a ocasión! Houbo participación galega, con Suso Ascariz, que con melena rubia e peito ó aire fixo as delicias dos que alí estaban pasando un momento moi agradable.

Pouco comentamos do Jardín des Luthiers, un espazo para que os artesáns amosen os seus instrumentos, a zona máis tranquila do festival, onde nun xardín hai arredor de quince postos arredor, con campo para poder descansar un anaco, e tamén con butacas e tumbonas para estar máis cómodo se cabe.

Á noite asistimos a varios concertos. O primeiro foi o de Calan e Tejedor no Grande Teàthre, que estaba co aforo completo para ver a Tejedor con todas as súas colaboracións, que incluiron ó remate do concerto á Banda de Gaites de Villaviciosa.

Máis concertos, xa que estivemos no 60º aniversario da Bagad de Lann Bihoué, no que a cidade de Lorient se volcou para unha celebración tan especial. Xente coas camisetas a raias imitando o seu uniforme, ou mesmamente mercadas no stand de ten a banda, que inclúe moitísimos productos para poder sentirte na pel dun dos músicos.

Houbo tempo a ver o concerto dos irlandeses The Bonny Men no espazo da Bretaña, un grupo con moitísima forza, e con moito futuro, xa que oscilan polos 22 anos os seus compoñentes. Presentaranse tamén ó certame Loïc Raison, con serias opcións de facer un gran papel.

Chegou tamén o momento de que os Vaamonde, Lamas & Romero se despedisen do festival, xa que logo de cinco días e catorce pases no stand de Turgalicia, tócalle o turno a Pablo Seoane Grupo, Comisa Bal e o cuarteto Erixúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario