7 ago 2012

A Gran Noite da Acadia supera as todas as cifras do festival

Un espectáculo creado para a ocasión cos mellores músicos da Acadia encheu todavía máis o Espace Marine do que o fixo o concerto de Buena Vista Club Social.

O Trophée de musique celtique Loïc Raison comezou a programación da tarde, nun Quai de la Bretagne cheo de xente para desfrutar de grupos noveis de Bretaña e Irlanda, para disputar unha das semifinais que se culminarán o sábado nunha disputa entre os tres mellores grupos.

Nese mesmo lugar, moitísimo ambiente pola noite para os concertos de Taran, Thomas Moisson Trio e Pevar Dem. O Quai de la Bretagne colleu nos últimos anos un protagonismo no festival gracias aos seus grandes concertos gratuitos que permiten á xente pasar un rato de festa pola noite, no caso de non querer ir a outro evento.

Falando xa da Gran Noite da Acadia, o primeiro que sorprendía respecto ós outros concertos no Espace Marine era o pequeño cambio de look no escenario, xa que había varias pantallas e un lema que dicía “Acadie authéntique”, cun público impaciente por ver o que se cocía alí, dando palmas para que comezase canto antes. Foron aparecendo varios músicos, dos mellores da Acadia, e por mencionar a algún, estaban alí Roch Voisine, Dominique Dupuis, Fayo, Joseph Edgar... e moitos máis. O espectáculo era a unión de moitos deles para os temas, que era a primeira vez que se realizaban así en directo.

A noite rematou na carpa de Galicia. Na primeira, os grupos galegos de “As Beiras da Ulla” e “Dambara” encheron primeiro a pulpeira e logo o stand de música e baile, onde se aglutinaba un gran número de xente que por alí pasaba para desfrutar do folclore máis galego.

Hoxe pola mañá tivo tamén lugar a master-class de gaita, que se dividiu en dúas partes, unha de gaita galega impartida por Alberto Coya coa colaboración de Edelmiro Fernández e outra de gaita asturiana con José Manuel Tejedor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario