
Había un duro rival á mesma hora, xa que nun concerto ás tres da tarde, Dominique Dupuis encheu o Pazo de Congresos, aínda téndoa tódolos días na carpa da súa delegación.
A noite foi tamén con sabor galego, xa que os Quempallou deron un concerto logo de Craobh Rua no Pazo de Congresos tamén. Ata alí chegaron as Vellas Novas, pero mesturadas con anteriores discos destes compañeiros que estiveron tamén con nós en Folk in Trío, no noso especial do FIL 2012.
Doblegámonos e tamén asistimos á Nuit Interceltique, un espectáculo impresionante, como podedes ver nas fotos e vídeos que colgamos do mesmo. Non hai que dicir que a festa proseguía nas rúas de Lorient cando nos retiramos, a vila durante o festival non durme, pero nós si!
No hay comentarios:
Publicar un comentario