5 ago 2012

O galego Raúl Lacilla faise co Trophée McCrimmon nun día no que a afluencia de público foi moito maior


A segunda xornada do festival foi a estrea dun grupo galego en concerto, os Kerkennai engaiolaron coa súa música ó público bretón.

O vivido onte en Lorient non se pode narrar completamente, por que? Escenarios en toda a cidade con música todo o día. Por exemplo, no estadio do Lorient FC, dende a unha da tarde, como xa vos contamos no programa, desenrrolouse o Championnat National des Bagadoù, que de novo volveu a gañar a Bagad Kemper, coñecida por todos.

No Espace Marine houbo unha nova edición das Musiques et Danses des Pays Celtes, onde ademáis dunha banda escocesa e das espectaculares bailarinas irlandesas, actuou a banda de gaitas Dambara, que coa súa fusión entre banda de música e banda de gaitas, fixo vibrar ó público que enchía este lugar, algo que tamén é de destacar para un evento ás dúas e media da tarde e con entrada. Un dez para o público francés.

O mesmo espacio servíu para a noite para o concerto de Bretagne des Mondes, un espectáculo con Barou, Petrakis, Cheminari, Marchand Baron e Moriarty. Esto foi simultaneo ao concerto de Kerkennai no Quai de la Bretagne, no que a xente cantaba, brincaba, bailaba e desfrutaba ao son da música procedente de Galicia. Logo actuaron tamén os Breizh ha Vista Social Club e Quéré / Le Men.


No estadio celebrouse a Nuit Interceltique Bretagne, na que o espectáculo audiovisual encheu a noite de Lorient, cun remate tan espectacular como tódolos anos, os fogos de artificio.

A Grande Parade desta mañá transcurriu con éxito, xa que pese ós avisos de posible choiva (de feito adiantouse media hora para evitala), rematou sen problema ningún, cun estadio cheo de xente desfrutando da marcha de tódolos grupos participantes.

Deixámosvos unha foto ademáis de Tejedor tocando en directo en Folk in Trío, escoitade o programa no Podcast se non tivéchedes ocasión!


No hay comentarios:

Publicar un comentario