O Espace Marine convertíuse nun
salón de baile no concerto de Tejedor e Buena Vista Social Club, no
que os cubanos deixaron impresionados aos asistentes co seu swing.
A animación polas rúas da cidade con
grupos participantes no propio desfile percorreu a cidade coa súa
música, e a xente bailaba ó seu son, cos ritmos máis bretóns
ambientando esta tarde do festival.
Tivemos a oportunidade de asistir ao
certame Mc Crimmon para solistas de Highland Bagpipe, no que gañou o
irlandés, Andy Carlisle por detrás de dous dos máis prestixosos
gaiteiros a nivel mundial, xa que segundo quedou Fred Morrison e
terceiro Robert Watt.
Os Kerkennai actuaron no Dôme, ante un
público moi variado, pero que incluía familias que visitaron
durante todo o día o festival. Foi un concerto moi animado onde a
xente tiña moi boa disposición
Como dicíamos, a gran noite do
festival ata o de agora foi a de onte, xa que o Espace Marine
recuperou a súa esencia, enchéndose para desfrutar, primeiro de
Tejedor, que ofreceron unha hora de música, presentando o seu último
traballo Positivu, pero sen deixar atrás temas doutros discos.
Contaron con colaboracións ó contrabaixo e ós metais.
Buena Vista Social Club chegaron cunha
gran conexión ó público, e aínda que a presentación e todo o que
falaron foi en castelán, a xente coreou os seus temas, e a trova, os
danzóns, salsas e boleros encheron a magnífica carpa, na que o
momento cumio foi cando Amara Portuondo saíu ó escenario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario