13 ago 2012

XORNADAS 25 ANIVERSARIO TAHÚME (1987-2012), 18 e 19 de agosto, Ribeira (A Coruña)




xornadas
25 ANIVERSARIO TAHÚME (1987-2012)
Grupo de Baile e Música Tradicional

Sábado 18 de agosto as 22h: Gala 25 Aniversario Tahúme, presentado por Quico Cadaval
Domingo 19 de agosto ás 22h: I Espectáculo de Música e Baile Tradicional Traspés “De Serán en Romaría”
Pavillón "Santa Uxía" de Coroso, Ribeira (A Coruña)

Organiza: Tahúme - Grupo de Baile e Música Tradicional
Patrocina: Concello de Ribeira, Auditorio Municipal de Ribeira, Tahúme - Grupo de Baile e Música Tradicional
Colaboran: Juan Pego, Comunidade de Montes de Olveira
Produce: merlo branco producións 
Entradas: de balde


Somos o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, unha asociación sen ánimo de lucro 
adicada á recompilación, conservación e divulgación do patrimonio inmaterial galego.

Pertencemos á parroquia de Olveira, concello de Ribeira, aínda que moitos dos nosos compoñentes 
son veciños doutras parroquias e incluso concellos da nosa comarca.

Por mor do noso 25 aniversario estamos preparando unha celebración por todo o alto, un proxecto ambicioso, 
onde durante toda unha fin de semana, que abrangue os días 18 e 19 de agosto, 
faremos gala do mellor folclore da comunidade galega:

Sábado 18 de agosto. Acto conmemorativo do noso 25 aniversario, 
no que ao arredor dunhas 70 persoas, todas elas antigas integrantes da nosa asociación 
levaremos a cabo un espectáculo de música e baile tradicional galego poñendo en escena 
danzas e músicas de antano coas que a nosa asociación acadou os principais recoñecementos autonómicos 
dentro do folclore do noso país. 
Contamos neste día coa participación da Asociación Xuvenil Rebuldaina e a colaboración de Quico Cadaval.

Domingo 19 de agosto. Disfrutaremos xunto con todo o pobo ribeirense dunha das mellores postas en escena 
do folclore galego: “De Serán en Romaría” un Espectáculo de Baile e Música tradicional 
interpretado pola A.C. Traspés de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario