25 feb 2012

Concerto-Presentación de Leilía - A Coruña 03/02/2012


CONCERTO - PRESENTACIÓN DE

CONsentimento, o novo disco de

LEILÍA


Venres 3 de febreiro de 2012 ás 20:30h,
Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
Organiza: Concellería de Cultura, Concello de A Coruña
Entradas: Servinova

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces,
convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación,
a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira,
unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres
que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto,
propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade.
Un disco no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan á perfección
a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade:
Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.

O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

No hay comentarios:

Publicar un comentario