20 feb. 2012

Riobó e Assembly Point nominados aos XI Premios Opinión da música Folk

Assembly Point recibiu esta mesma semana o premio Sopa de Pedra ao mellor album revelación 2011, que outorga a cadena de radio portuguesa RUA FM

Xa se coñecen os nominados aos Premios Opinión da música Folk, que como cada ano organiza o xornal La opinión, e recoñece aos mellores artistas do ano na escena folk galega. E na lista de posibles, dentro das súas tres categorías, figura Riobó, no apartado de mellor artista, e Assembly Point, nominados a mellor disco e mellor tema por “Jumping Bits”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario