28 feb 2012

Cristina Pato de xira por China e Corea do Sur con Yo Yo Ma e The Silk Road Ensemble


O 28 de Febreiro a gaiteira e pianista Cristina Pato llevará a gaita á China e Corea da man de Yo Yo Ma e o SIlk Road Ensemble. A gaiteira percorrerá Hong Kong, Shanghai, Beijing, Guangzhou, Hangzhou, Xian e Seúl nunha xira que a manterá en Asia durante os próximos vinte días.
A gaiteira acaba de rematar a súa residencia de inverno na Harvard University na que estreou dúas obras novas escritas por Vijay Iyer e David Bruce ademáis de traballar con estudiantes de dita universidade.
Á volta de China Cristina Pato collerá rumbo a Galicia para comezar as Xornadas de Músicas do Mundo, que dirixe na Cidade da Cultura de Galicia. Baixo o nome de Galician Connection, achegaranse a Santiago figuras do jazz e da word music como Paquito D’Rivera, o tabla Indio Sandeep Das, o sheng chinés Wu Tong, o pianista arxentino Emilio Solla ou o percusionista e director de orquestra valencian Josep Vicent, que virán a Galicia a impartir diversos obradoiros, e a crear un concerto conxunto cos artistas galegos Guadi Galego Anxo Pintos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario