18 ene. 2011

Concerto de Mamá Cabra


Sábado 22 de xaneiro de 2011 ás 18:00h,
Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.

Ola ola lá! é o séu novo traballo discográfico. Unha proposta que xa inunda as librarías da man da Editorial Galaxia. Neste espectáculo poderedes gozar das novas cancións de Mamá Cabra que, nesta ocasión, faise acompañar por un coro de voces do máis divertido.

Este concerto faise o aveiro do programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia "Boca aberta".

No hay comentarios:

Publicar un comentario