19 ene 2011

Bellón&Maceiras, de Vigo a Cosquín

Folkfusión, en Vigo, este domingo 23 de xaneiro

BellónMaceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante.
A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical en clave de fusión: o sinal de identidade de BM5.

Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

No disco que se presenta no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, de Vigo, este domingo 23 de xaneiro, a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, vals francés…

Folkfusión: un novo xeito de entender as músicas do mundo desde Galicia, sen complexos e co virtuosismo dos seus compoñentes.

Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia
Vigo - 20h30


BellónMaceiras, en Cosquín, o domingo 30 de xaneiro

Despois de tocar para máis de mil persoas, no Festival de Nadal, na Catedral Católica de Moscú (Rusia), hai quince días, e logo de presentar Folkfusión, do Quinteto, en Vigo, o domingo 23, BellónMaceiras acompañan a Juan Carlos Cambas e Dulce Pontes, no espectáculo "El Viaje", para o Festival de Cosquín (Arxentina), o domingo 30 de xaneiro.

Esta colaboración representará a Galicia no Festival de Cosquín: cun percorrido musical de Arxentina a Galicia (pasando por Portugal).

Escenario Mayor Atahualpa Yupanqui
22h30

2011: 51ª edición do Festival Nacional de Folklore de Cosquín, no Val de Punilla, Provincia de Córdoba (Arxentina).

No hay comentarios:

Publicar un comentario