Desde que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.
O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.
Tras un percorrido polas creacións musicais para gaita e piano e para gaita e banda sinfónica, nesta terceira edición doMUSGAFOL, dedicada ao repertorio para gaita e orquestra, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país como Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez, José M. López, Diego Mariño, Cristian Silva ou Pablo Devigo, acompañados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro, gravando ao vivo, coa colaboración da Radio Galega, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.
PROGRAMA
OFCP
Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Director: Javier Viceiro
Solista: Xurxo Fernández
Alba de Ultramar (Ernesto Campos)
Solista: Oscar Ibáñez
A Derradeira Sintaxe (Javier María López)
Solistas: José M. López e Diego Mariño
Con-certo Sentido (Ernesto Campos)
1. Dorothé e Antón. Pioneiros
2. Pontevedra e Don Ricardo
Solista: Cristian Silva
Carmina Utricularis (Javier María López)
Solista: Pablo Devigo
Xota (Pablo Devigo)
Todos os solistas
Alborada Galega (Pascual Veiga / Adaptación para orquestra de Marcos Valcarcel a partir do arranxo para banda de X. L. Represas)
Organiza
Asociación Toque pechado de Pontevedra
Promove
Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra
Colabora
Pazo da Cultura de Pontevedra, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, Radio Galega, Localia Pontevedra, Dos Acordes
No hay comentarios:
Publicar un comentario