2 dic 2010

Dez anos con Donaire


Xa hai dez anos do nacemento da Asociación Cultural Donaire e o 26 de Decembro queremos festexalo por todo o alto cunha gala no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

Con moitas sorpresas, esta gala amosará o traballo desenvolto ao longo destes dez anos de vida da Asociación, coa súa parte de música, pandeireta e como non, de baile.

Agardamos vervos por alí xa que será unha data moi especial para nós.

A gala será presentada por Xabier Díaz.


Mercar entradas:
- Billeteira da Praza de Ourense
- Servinova ( http://www.servinova.com/ ) Recinto > Teatro Rosalía de Castro > Dez anos con Donaire


Prezos:
- Xeral: 5/7 €
- Reducida: 3/5 € (Carné xove, desempregados e +65 anos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario