1 dic 2010

14º OuTonalidades despídese esta semana de Galicia


Unha edición máis, o circuito de música ao vivo OuTonalidades, organizado pola d'Orfeu Associação Cultural, trouxo a Galicia grupos portugueses e levou a Portugal grupos galegos, consolindándose polo terceiro ano consecutivo a parcería coa AGADIC.
Esta semana, o OuTonalidades despídese de Galicia coa actuación do Grupo João da Ilha, que presentará temas de composición propia, nunha fusión de sonoridades acústicas entre o pop e o folk. As actuacións terán lugar o día 1 no Auriense Café Cultural (Allariz), o día 2 no Pub Ultramarinos (Santiago de Compostela), o día 3 no Clavicembalo (Lugo) e o día 4 no Café Cultural Roi Xordo (Allariz).
Por outra banda, o último grupo galego que cruzará o Miño será o guitarrista Marcos Teira, que actuará o día 17 de Decembro en Tondela e o 18 no Algarve, en Tavira.

Máis sobre Grupo João da Ilha e OuTonalidades
http://apps.dorfeu.pt/gdetails/33

No hay comentarios:

Publicar un comentario