30 jul. 2014

Un ano máis a vila bretona de Lorient terá acento galego


  • Parte a Delegación Galega do Interceltique de Lorient conformada por arredor de 150 persoas.
  • Participarán no festival máis importante de Francia dende o 1 ó 10 de agosto.



 O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 44 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda e o norte de España (Galicia e Asturias). 

Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanos.

Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 100.000 espectadores de pago e 700.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.

Un ano ben completo para Galicia, pois arredor de 150 galegos amosarán o seu bo facer nos distintos escenarios do festival. No eido da música folk serán Cuarteto Caramuxo os primeiros en amosar a súa proposta que ven de lograr o 2º posto no certame Runas do Festival de Ortigueira; estarán tamén Bellón&Maceiras dúo que amosarán o seu estilo inconfundible na vila. Por último, Óscar Ibáñez & Tribo encherán de forza os palcos do Interceltique, un gaiteiro que está presentando o seu disco “Alén do mar”.

Na parte máis tradicional os coruñeses Donaire amosarán o mellor do baile tradicional galego, e as bandas de gaitas chegan dende Melide e Cotobade (Pontevedra). Terra de Melide ven de tocar no Festival de Ortigueira e Foula ensinarán o seu repertorio especial para as terras bretonas.

Ademáis, teremos catro representantes no Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular. Xesús Rodríguez, Marcos Tella, Lois Prado e Bruno Villamor foron os seleccionados para disputar este concurso no que o xurado galego estará composto por Alberto Coya e Suso Ascariz.

Actividades paralelas como a estrea do documental “Cuéllar: a nova viaxe” onde 15 músicos galegos seguen os pasos do Capitán da Armada Invencible que naufragou en Irlanda no século coa presenza do seu director David Ramos. A arte galega tamén estará presente coa exposición da escultora de Ferrolterra Carme Romero no prestixioso Hotel Gabriel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario