28 may 2013

Sorteo dunha entrada doble para ver a Budiño no Teatro Colón

Sábado 1 de xuño
20:30 horas 
SOTAQUE é o novo traballo discográfico de BUDIÑO. Foi gravado no eu estudio “Ardora” e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”. ste traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.
Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?
Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 31 de maio ás 16:45 horas co asunto "Entradas Budiño" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.
Moita sorte!
Por xentileza do Teatro Colón

ACTUALIZACIÓN: Concerto aprazado, polo tanto tamén o concurso. Xa iremos informando das novidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario