17 may 2013

Sorteo dunha entrada doble para Davide Salvado no Teatro Colón


Martes 28 de Maio do 2013
20:30 horas
DAVIDE SALVADO é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura e o respeito pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música. 
Tras dous anos xirando có seu espectáculo "Árnica Pura", producido por Eiseo Parra, Davide presenta agora “O LADRÓN DE AMORODOS”. 


Colaboracións de luxo, como a de Mercedes Peón, enchen aínda máis de forza este novo álbum, no que o concepto estético cumpre un importante papel. “O ladrón de amorodos”, inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, é ao mesmo tempo un disco cento por cento galego, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo. Un traballo feito desde o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 24 de Febreiro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Davide Salvado" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!

Por xentileza do Teatro Colón

No hay comentarios:

Publicar un comentario