9 abr 2013

Budiño presenta SOTAQUE

SOTAQUE (2013) Fol Música  


 
SOTAQUE é o novo traballo discográfico de BUDIÑO. Foi gravado no seu estudio “Ardora” e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”.
 
Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.
 
Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a  labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.
 
Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación:
 
* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en “Déixame Adiviñar”, unha letra escrita por Carlos Blanco.
 
* LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción “Hoxe canto en Libertá” con letra de Celso Emilio Ferreiro.
 
* Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros.

* MICHAEL McGOLDRICK
 coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑOSOTAQUE.

25/04/13
21 HORAS
TEATRO PRINCIPAL SANTIAGO DE COMPOSTELA
merca a tua entrada aqui

26/04/13
20:30 HORAS
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
merca a tua entrada aqui


09/05/13
21 horas
SALA GALILEO
MADRID

No hay comentarios:

Publicar un comentario