4 feb 2013

Sorteo dunha entrada doble para o concerto da Orquesta Gaos no Teatro Colón


Martes 12 de Febreiro de 2013
20:30 horas

A Orquesta Gaos escolleu para este concerto un programa caracterizado polas diferentes visións que compositores tan diferentes como Bizet (Francia), Rimsky-Korsakov (Rusia) e Rodrigo (España) tiveron da nosa música. 

A Orquesta Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos. A súa presentación tivo lugar o 14 de xullo de 2009 no Teatro Colón-Caixa Galicia da Coruña baixo a dirección de Fernando L. Briones, director titular da formación. En apenas tres anos colaboraron coa orquestra máis de 250 músicos galegos en 25 programas diferentes, a través de 40 concertos nos principais auditorios e salas de concerto de Galicia. Participaron como solistas 15 músicos galegos cunha gran traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada carreira. Na súa cuarta tempada a Orquesta Gaos continuará acompañando a solistas galegos como o guitarrista Mateo Arnáiz, o trompista David Fernández ou o contrabaixista Antonio.


QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 8 de Febreiro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Orquesta Gaos" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!

Por xentileza do Teatro Colón

No hay comentarios:

Publicar un comentario