22 ene 2013

Sorteo dunha entrada doble para o concerto de Sondeseu no Teatro Colón


Sondeseu
Sábado 26 de Xaneiro ás 20:30 h.


SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas da música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas sección, que abranguen gaitas, percusións, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. 

SonDeSeu é froito dunha experiencia didáctica levada a cabo polo departamento de música tradicional e folk da Escola de Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD). Desde que no 2004 participase no Festival do Mundo Celta de Ortigueira a súa proxección é imparable, con tres publicacións discográficas e diversos recoñecementos públicos. Na actualidade lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) co que consolidar unha rede estable de participación e intercambio. 


QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 25 de Xaneiro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Sondeseu" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!

Por xentileza do Teatro Colón

No hay comentarios:

Publicar un comentario