23 ene 2013

aCentral Folque en Dublín

Arman velas rumbo ao Mar de Irlanda

Alumnado da Escola Livre da MPG que aCentral Folque xestiona en Santiago viaxan esta semana a Dublín para participar no Temple Bar Trad Fest , o festival celta de inverno máis importante de Irlanda, onde tocarán o sábado 26 de xaneiro na Christchurch Cathedral, o edificio máis antigo da capital.

Despois da estrea mundial en Sligo hai un ano no Celtic Fringe Festival ante máis de 800 persoas,  este concerto terá lugar na catedral do século XIII nun espectáculo con baile, música, narración e entusiasmo de máis de 50 músicos novos de Irlanda e Galicia que forman a Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.

A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque.

Ademais da suite, unha banda escollida do alumnado da Escola Livre da MPG dará un concerto de música galega o mércores 23 de xaneironun evento especial na Casa do Concello de Dublín en conmemoración da presidencia de Irlanda da UE neste semestre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario