22 oct 2012

Sorteo dunha entrada doble para a Banda Baile Asalto no Teatro Colón


Banda Baile Asalto
Martes 30 de Outubro, ás 20:30
Teatro Colón - A Coruña



Banda Baile Asalto é un grupo “pontevedrés” nado en xuño de 2011, co gallo da súa participación no VI Festival Folc de Muxía. A súa intención, desde o seu comezo, é acadar a interacción co público, Hai que bailar!!Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta no Teatro Colón.Un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos, na percura dunha linguaxe“única”. Ademáis dun profundo coñocemente da música tradicional galega, unha particular visión artística, e o seu gusto e coñecemento polas músicas doutros países e estilos, fai que a Banda se converta nun proxecto apeteceible e inetiquetable: música do mundo feita no noso país.

QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 26 de Outubro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Banda Baile Asalto" e teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!


Por xentileza do Teatro Colón

No hay comentarios:

Publicar un comentario