21 oct 2012

Sorteo de 3 discos "Corricán" de Maghúa


Logo de anos percorrendo os torreiros do país, os Maghúa presentan o seu primeiro traballo discográfico, "Corricán". O venres 19 de Outubro estiveron con nós en Cuac FM unhas horas antes da súa presentación ante o público na que desbordaron A Repichoca. Queredes ter un na vosa casa?

Podedes conseguir un dos tres exemplares do disco"Corricán" dos cantareiros de Maghúa.

Envía un correo a folkintrio@gmail.com indicando no asunto "Sorteo do disco de Maghúa" e deixándonos o teu nome e número de teléfono para avisarte se eres un dos agraciados.

Tendes de prazo ata o venres 26 de Outubro ás 16:45 horas.

Todos a enviar correos para recibir este fantástico disco, moita sorte, apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario