4 may 2012

Concerto de Os Cempés en Melide 13/05/2012




concerto de
OS CEMPÉS
XXI Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide

Domingo 13 de maio as 20h,
Praza das Coles, Melide (A Coruña)

Organiza: Concello de Melide 
Entradas: de balde


Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia,
Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formación e novo disco.

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración
de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc,
 e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com,
mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda
que presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario