24 abr. 2012

Riobó no Salón Teatro de Santiago de Compostela




O grupo vén de presentar o seu primeiro videoclip e xa prepara a xira de verán

O vindeiro xoves 26 de abril Riobó actuará no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, presentando os temas do seu homónimo traballo discográfico, o primeiro da banda, publicado en 2011 por Zouma Records. Un concerto no que Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Fernando Barroso e Fernando Pérez amosarán o seu bo facer sobre a música tradicional galega, cun formato acústico e ben coidado, no que destaca a sensibilidade interpretativa destes fantásticos músicos.
O grupo realizará unha nova parada o vindeiro 5 de maio para actuar no Bar liceum, en O Porriño. Mentres se suman novas datas para a xira do próximo verán, xa está confirmada a presencia de Riobó no Nottingham Riverside Festival, en Inglaterra, e no Scottish Weekend que se celebra en Bélxica a primeiros de Setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario