16 dic 2011

VI Festival Internacional Rebulir

Un ano máis, e xa van seis, chega o Festival Rebulir de Baile e Música
Tradicional, cun programa que se bosquexa o máis ambicioso dos ata o momento organizados. Nas Xornadas do 16, 17 e 18 de Decembro contémplanse múltiples actividades, que acorde a filosofía da asociación serán gratuitas e abertas para todo o público. Como novidade, destacamos a páxina web que se habilitou con toda información do eventowww.festivalrebulir.com .


O acto principal terá lugar o Sábado 17, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupo anfitrión e as diferentes autoridades presentes. Neste acto preténdese mostrar o mellor do folclore de cada unha das comunidades/países visitantes. Neste senso, contaremos con amigos chegados de:


- EBMT Rebulir (Ramirás)

- Grupo Orcellón (O Carballiño)

- AFM Villa i Condau de Noreña (Asturias)

- Grupo de Folclore da Casa do Povo de Cacia (Portugal)

- Grupo El Miajón (Extremadura)

- Mariachis y Ballet Colores de México (México)


Na madrugada do Domingo, o local ?Oxígeno? de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos animarán aos presentes coas súas músicas. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 17, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense e as súas termas.


Así, Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural con grupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns. A directiva da Asociación Rebulir espera que disfrutedes deste Festival que serve de proxección do noso Concello, e que de por sí, é xa unha data no almanaque festivo dos ramirenses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario