15 dic 2011

Cristina Pato toca para o Presidente Barack Obama nos actos de entrega dos Kennedy Center Honors


A gaiteira Cristina Pato participa como membro do Silk Road Ensemble no tributo ao director artístico da formación Yo Yo Ma celebrado a pasada semana no Kennedy Center de Washington DC. O acto que homenaxeaba ao cellista Yo Yo Ma, á actriz Meryl Streep, ao saxofonista Sonny Rollins, á cantante Barbara Cook e ao artista Neil Diamond contou coa participación dos mellores artistas do panorama musical e cinematográfico americano.

O acto, presidido polo presidente dos EEUU e a Primeira Dama, inclúe introduccións de actores como Robert DeNiro ou Sarah Jessica Parker e actuacións de artistas como Herbie Hancock, Anne Hathaway ou James Taylor. Para esta ocasión Cristina Pato actuou como membro do Silk Road Ensemble tocando unha obra habitual de dita formación. Ademáis a gaiteira tivo a oportunidade de acompañar ao cantante americano James Taylor nunha versión orquestral de “Here Comes de Sun” de The Beatles, dirixida polo compositor cinematográfico americano John Williams; dita actuación é o peche da gala que se emite na cadea CBS en horario prime time durante o nadal.

A gala retransmítese o 27 de Decembro pola cadena norteamericana CBS e é un dos programas máis vistos do ano en EEUU cunha audiencia media de 10 millóns de espectadores.

Sin dúbida unha ocasión histórica para a gaita galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario