1 dic 2011

Anxo Lorenzo é o gañador do Folkherbst Festival celebrado en Alemania


Alejandra Plaza. Frankfurt. Na cidade alemana de Plauen situada no este alemán celébrase cada ano un dos máis importantes festivais folk do país xermano. Trátase do único evento de estas características que premia aos vencedores económicamente a través dun novo concerto e co "Iron Eversteiner", estatuílla emblemática do Festival.
Este ano participaron no Folkherbst dez bandas de diferentes países, resaltando deste xeito a multiculturalidade, xunto cos sons máis tradicionais e vangardistas. O voto do público outorgou a Anxo Lorenzo un trofeo que volta de novo a Galicia, xa que fora Berrogüetto o grupo gañador na edición do ano 1998.
A actuación brillante do gaiteiro de Moaña, a súa técnica perfecta e unha impresionante posta en escea, permitiulle facerse co apoio e entrega do público alemán. No próximo mes de xaneiro Anxo e a súa banda desplazaranse de novo ata Alemania para que recibir o galardón, ofrecendo un novo concerto na localidade de Plauen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario