30 nov 2011

II Canción do ano Folk in Trío

O 30 de Decembro despedimos o ano en Cuac FM, e queremos facelo cun programa cheo de sorpresas.

Para iso, ides a ser vós os que elixades a música deste día, pero con unha particularidade, que esa música será toda a que dende a anterior edición recibimos no programa.

O mecanismo vai ser moi sinxelo, xa que en http://folkintrio.blogspot.com atoparedes unha enquisa na que podedes elexir as vosas preferidas.

As cancións que máis votos reciba dende o 1 de Decembro que abrimos as votacións ata o 28 de Decembro (e non é inocentada ningunha), serán as encargadas de pechar este ano en Folk in Trío.

A primeira ademáis, vai levar un nomeamento moi especial para nós, xa que será a II Canción do ano de Folk in Trío (Cuac FM).

No hay comentarios:

Publicar un comentario