29 nov 2011

VAI no Culturgal, en Pontevedra, este venres 2


VAI é un novo grupo formado por Xosé Ramón Vázquez no acordeón,
Roberto Santamarina no violín e Giao Rodrigues na guitarra e a mandolina.
Os tres foron membros de Fía na roca, onde se coñeceron e tocaron xuntos nos últimos quince anos.
Agora presentan este proxecto, un formato acústico adaptable a todas as situacións,
sólido no musical e lixeiro na posta en escena.
A súa música é na maior parte de composición propia pero sen deixar de lado o mellor repertorio tradicional,
do que interpretan varias pezas tentando darlles un aire orixinal, enérxico e cunha
sonoridade diferente, recreando o popular para convertelo en algo novo,
modelado cos arranxos e ideas duns músicos de hoxe en día.
Pretenden chegar a todos os lugares e audiencias posibles:
desde un concerto acústico nunha pequena sala ata o escenario dun festival de verán.
Todo está aberto, mesmo a transformación en quinteto cando a situación o requira,
sumando a percusión de Carlos Castro e o contrabaixo de Pablo Pérez.
E deste xeito agardan andar os camiños de Galicia e do resto do mundo para chegar ali onde queiran apreciar o seu traballo.
Entón, agora a cuestión é:

VAI ou non VAI? Escóitaos e verás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario