27 sept 2011

Nova voz en Luar Na Lubre



Comunicado de Luar na Lubre


Logo de 7 anos na formación, a cantante portuguesa Sara Vidal

decide deixar de ser a vocalista de Luar Na Lubre, por motivos

persoais. Dende o grupo comprendemos esta decisión, conversada e madurada

nos últimos meses, e queremos agradecerlle a Sara a súa compañía durante

estes anos, tanto no plano musical coma no persoal. 4 discos e máis

de 200 concertos quedan como resultado dunha relación na que nos

temos enriquecido mutuamente.


Dende a súa formación, hai xa 25 anos, son 3 as cantantes côas

que ten contado Luar Na Lubre, e todas supuxeron un aporte

moi valioso e positivo. De Sara destacamos a súa dozura, enerxía, e o gran

interese que ten amosado sempre pola música e a cultura galega en xeral.

Asemade, a súa presencia serviu para reforzar a importante relación que

o grupo sempre mantivo con Portugal.


Despedímonos de Sara desexándolle a mellor das sortes e

deixando unha porta aberta á posibilidade de contar con ela en futuras

colaboracións. Sen irmos mais lonxe, xa podemos anunciarvos duas

actuacións nas que participará con nós, acompañando á nova cantante do

grupo, que será presentada en rolda de prensa próximamente. Ambas voces

compartiran escenario o día 11 de Outubro no Teatro Rosalía de Castro

de A Coruña, e o día 14 do mesmo mes no Auditorio Pilar Bardem

de Rivas -Vaciamadrid (Madrid ). As entradas para ámbolos dous concerto

s xa están á venda.


Sobre a nova vocalista podemos adiantarvos que estamos realmente

entusiasmados con ela, que ten unha voz que sen dúbida vai sorprender

e que suporá un reto para o grupo, algo que sempre é proveitoso e que neste

caso levaranos a explorar novas sonoridades.



No hay comentarios:

Publicar un comentario