27 sept 2011

Comeza o curso en Rebulir


O Vindeiro Sábado día 1 de Outubro tera lugar o acto de presentación do curso 2011/2012 da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir. A cita será na sede da asociación (Praza de San Andrés, Vilavidal - Concello de Ramirás) as 18:30 h.

Durante este acto presentaranse os horarios, os mestres, as actividades lúdico-culturais e demáis novidades de cara ao traballo nos vindeiros meses. Aproveitaremos a ocasión para presentar a nova directiva que tomou posesión durante o verán.

Recordamos que segue vixente o IV Concurso de Fotografía Antiga, o cal pecha o seu prazo o 30 de Novembro de 2011. Toda a información. http://www.rebulir.com/p/concurso-de-fotografia-antiga.html

Para máis información poden consultar www.rebulir.com ou ben contactar por Teléfono no 639 908 005 (Alexandre), ou ben e-mail rebulir@hotmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario