29 ago. 2011

Presentación do CD "A Escote" de Fol de Veneno e Media Ducia

Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.

O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....

Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!

Podedes escoitar varias das pezas de Fol de Veneno na nosa web.

Fol de Veneno

No hay comentarios:

Publicar un comentario