4 ago. 2011

Concerto de Leilía

CONCERTO DE

LEILÍA
Galicia é Música
Ano da Música 2011- Agadic

Domingo 7 de agosto de 2011 ás 21:00h,
Praza de España, O Saviñao (Lugo)

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leilía quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación,
a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto,
unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos:
guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional
e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.

Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego:
Xoán Porto (guitarra e gaita), Xosé Lois Romero (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).
O grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo discográfico.
O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega"

No hay comentarios:

Publicar un comentario