28 jul 2011

Zurrumalla no "Festival Interceltico do Morrazo"

Zurrumalla presentará este xoves 28 no "Festival Interceltico do
Morrazo" o seu recente traballo discográfico (doble CD).
O que había, e...O que hai

A formación de música folk preséntase deste xeito despois de once
anos de percorrer Galicia polas festas, seráns, e máis eventos
lúdicos, para facerse un oco no panorama da música galega.

Das "festas que montan" sábeno moi ben o xa nutrido clube de fans.

Tamén estarán hoxe, mércores 27, presentando e asinando o doble
álbum nas xornadas "Verano Galicia" organizadas por "El Corte Inglés
de Vigo e A Coruña"

No hay comentarios:

Publicar un comentario