12 may 2011

Novidades en Abada

12 de maio - Vento Lois - evento expansivo na Coruña

O xoves 12 de maio terán lugar, por todo o mundo, eventos-expansivos "Vento Lois".

Os Ulträqäns participarán no evento da Coruña, xunto con Cesáreo Sánchez Iglesias, Xulio López Valcárcel, Antía Otero, Manuel Rivas, Xurxo Souto e Loretta Martin.

O acto empeza ás 20h, no antigo cárcere da Coruña, co recital e logo cos concertos.
O repertorio dos grupos vai ser adaptado ao evento, polo que quedades todas e todos convidados a celebrar este especial "Vento Lois".



Ulträqäns na selección do Runas 2011

Hoxe recibimos unha nova que nos alegrou moito en Abada e tamén nos fixo lembrar outros anos...

O xurado do Certame Runas 2011 preseleccionou aos Ulträqäns e agora o público é quen vota, na web do festival, para darlles a posibilidade de quedar entre os tres fiinalistas que abrirán o festival do Mundo Celta de Ortigueira, o 7 de xullo do 2011. Ese mesmo día, durante o concerto, o xurado elixirá o grupo gañador.

Esta nova fíxonos lembrar que no Runas 2006 gañaron BellónMaceiras e Blanco, e no 2007 bOnOvO.

Agora BellónMaceiras percorren o mundo, levando "Folkfusión" ate en Rusia (Moscú) ou en Arxentina (Festival de Cosquín) e bOnOvO conseguíu demostrarlle ao público as marabillas que se poden tocar cunha batería electrónica, un acordeón midi e unha zanfona electroacústica.

Desexámoslles moita sorte aos Ulträqäns porque sabemos que a merecen; están a traballar arreu co seu recén estreado disco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario